martes, 31 de marzo de 2020

PASAPALABRA

Para pasar o tempo nestes días e traballar vocabulario, denominación e uso do diccionario, se fose necesario, propóñovos este PASAPALABRA de andar por casa.
Animádevos a resolvelo e o venres subirei as solucións.

Traballamos o fonema /S/

A miña proposta de hoxe é traballar palabras que comezan polo fonema /s/, para iso teredes que atopalas, pronuncialas correctamente e ,os que saibades, escribilas e facer unha frase con elas.
Ánimo!


luns, 30 de marzo de 2020

Separar, inventar y ordenar

Esta actividade resulta moi recomendable  para aquel alumnado que precise correxir erros relacionados con unións e segmentacións de palabras dentro da frase.
Espero que vos sirva de axuda.


COMPRENSIÓN LECTORA

Tamén vos deixo unhas actividades para traballar a comprensión lectora, desexo que as desfrutedes.

Están en dous formatos diferentes: formato PPT con actividades interactivas facendo clic na imaxe



Ou en forma de documento facendo clic AQUÍ

FUNCIÓNS EXECUTIVAS.

A proposta de hoxe é exercitar a nosa mente traballando as Funcións Executivas de forma divertida, soamente temos que seguir as intrucións ...


material obtido de @eltrasterodelapt

domingo, 29 de marzo de 2020

Actividade de estimulación E.I

Hoxe propoño unha actividade moi sinxela para traballar a estimulación da linguaxe e a atención cos máis pequenos. Espero que vos guste.

martes, 24 de marzo de 2020

Recomendacións para os máis pequenos

E agora ... unhas RECOMENDACIÓNS que sempre son útiles para estimular a lenguaxe oral cos máis pequenos.
Unhas pautas moi simples a ter en conta neste periodo de confinamento.


Actividades de linguaxe oral para facer na casa

As nosas compañeiras de Comunicar-nos compartiron este estupendo recurso para traballar na casa. Trátase de actividades interactivas para traballar a linguaxe oral organizadas en distintos niveis: Infantil, Primeiro e Segundo ciclo, e Terceiro ciclo.
¡Animádevos a superar os retos!





Palabras Encadeadas

Aquí vos  deixo  un fantástico material elaborado polo equipo de Comunicar-nos. Gracias compañeiros polo voso traballo.

PALABRAS ENCADENADAS