luns, 25 de maio de 2020

Conciencia auditiva

Si en semanas anteriores traballamos a memoria visual, esta semana achegámonos á conciencia auditiva, a través dunha temática que nunca falla cos máis pequen@s: "os animais da granxa".
Nesta actividade, terán que asociar un son ao animal que lle corresponde, para seguir avanzando no xogo.
Para complementalo, podemos pedirlle aos nen@s que traten de reproducir ou imitar o sonido propio de cada animal , traballando así as anomatopeias.

¿Preparados?, pois... A XOGAR


xoves, 21 de maio de 2020

Conciencia Léxica

Juego online creado por Ana Alonso y compartido en el blog de "Aula PT". Se trata de un juego para reforzar la conciencia silábica y, aunque está recomendado para el primer ciclo de Educación Primaria, podemos utilizarlo en cualquier momento para asentar estos contenidos con el alumnado que lo necesite.
Para acceder al juego haced click en la imagen.







luns, 18 de maio de 2020

A NOITE DAS MUDANZAS.

Ola nen@s!


Desta vez, propóñovos un conto que a min me gusta moito, porque trata dunha noite un pouco tola, onde tódolos animais da granxa andan a durmir fóra das súas casas.
Primeiro, teredes que ver o conto e despois  hai unhas preguntiñas, a ver si sodes capaces de  respondelas!  Estou segura de que sí.    
Xa sabedes, hai que facer click na imaxe.


xoves, 14 de maio de 2020

ACTIVIDADES LECTO-ESCRITURA

Esta semana vamos a hacer las actividades de forma diferente, cambiamos el papel y el lápiz por el ratón o el dedo. Espero que os gusten tanto como cuando lo hacéis en clase.
Cuando terminéis las actividades, tenéis que darle a finalizar y después comprobar si todas las respuestas son correctas.
Un abrazo chic@s.😉😉

martes, 12 de maio de 2020

MEMORIA VISUAL

Desenvolvemos a memoria visual ao tempo que traballamos vocabulario, sempre de forma lúdica para favorecer a motivación dos nen@s.
A actividade consiste en recordar cal é a imaxe que falta dunha serie dada, pero, por suposto, en primeiro lugar terán que ir nomeando cada unha das imaxes que aparece. Hai tres niveis de dificultade, polo que poden acceder a este recurso todo o alumnado da E.I. a medida que aumenta a dificultade, tamén aumenta o tempo programado para que memoricen as imaxes.
 Se nos son capaces de identificar algunha ou cometen erros de pronunciación, darémoslles o modelo axeitado sen insistir en exceso.
Está feito con todo o cariño, así que espero que tod@s o disfrutedes.


Para poder xogar teredes que descargar o documento, facendo click na flechiña que hay na marxe superior dereita.

CONCEPTOS ESPACIAIS BÁSICOS

Nesta entrada, achégovos unha actividade realizada polo grupo Comunicar_nos, orientada a traballar conceptos espaciais básicos dun xeito lúdico e interactivo.
 Como recomendación para estimular a linguaxe, propóñovos que antes de seleccionar a opción correcta repitan a frase proposta, así os nos@s pequen@s interiorizarán a estructura da frase. Ademáis podemos ir facendo preguntas sobre as outras imaxes: de que cor é o gato ou o can?, de que cor é o coxín?, onde está este outro?...
Consta de dous niveis de dificultade, no segundo nivel terán que por máis atención porque as ordes vanse facendo un pouquiño máis complexas, pero podémoslles axudar repetindo as instruccións de forma clara e precisa.
Espero que vos sexa de axuda.

martes, 5 de maio de 2020

BUSCAMOS OS INTRUSOS


Esta vez, a proposta é unha actividade interactiva, que consiste en atopar os intrusos nunha serie de imaxes.
Todas elas pertencen a unha mesma categoría semántica, menos unha. Os nen@s terán que atopala e dicir por que esa imaxe non debería de estas ahí.
Con esta actividade tan sinxela estamos traballando atención, categorías semánticas e vocabulario. Unha forma de facelo e ir dicindo os nomes de cada imaxe e, acontinuación: o intruso e... porque...

Espero que vos divirtades con ela.