martes, 12 de maio de 2020

MEMORIA VISUAL

Desenvolvemos a memoria visual ao tempo que traballamos vocabulario, sempre de forma lúdica para favorecer a motivación dos nen@s.
A actividade consiste en recordar cal é a imaxe que falta dunha serie dada, pero, por suposto, en primeiro lugar terán que ir nomeando cada unha das imaxes que aparece. Hai tres niveis de dificultade, polo que poden acceder a este recurso todo o alumnado da E.I. a medida que aumenta a dificultade, tamén aumenta o tempo programado para que memoricen as imaxes.
 Se nos son capaces de identificar algunha ou cometen erros de pronunciación, darémoslles o modelo axeitado sen insistir en exceso.
Está feito con todo o cariño, así que espero que tod@s o disfrutedes.


Para poder xogar teredes que descargar o documento, facendo click na flechiña que hay na marxe superior dereita.

CONCEPTOS ESPACIAIS BÁSICOS

Nesta entrada, achégovos unha actividade realizada polo grupo Comunicar_nos, orientada a traballar conceptos espaciais básicos dun xeito lúdico e interactivo.
 Como recomendación para estimular a linguaxe, propóñovos que antes de seleccionar a opción correcta repitan a frase proposta, así os nos@s pequen@s interiorizarán a estructura da frase. Ademáis podemos ir facendo preguntas sobre as outras imaxes: de que cor é o gato ou o can?, de que cor é o coxín?, onde está este outro?...
Consta de dous niveis de dificultade, no segundo nivel terán que por máis atención porque as ordes vanse facendo un pouquiño máis complexas, pero podémoslles axudar repetindo as instruccións de forma clara e precisa.
Espero que vos sexa de axuda.